RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

A canteira contou hoxe sábado os seus partidos por vitorias

O Fabril adiantou este fin de semana o seu partido ligueiro en Terceira División. Así, do domingo ás 12.00 pasouse ante o Alondras a hoxe sábado 3 de decembro en Abegondo, con vitoria do filial (2-0). O motivo é que o martes 6, día festivo, habra un novo choque de liga, ante o Castro. Tamén xogan en Abegondo o Xuvenil A (mañá domingo ás 11.30), Cadete B (triunfo hoxe sábado por 6-0) e Infantil A, que onte venres derrotou (4-0) ao Bergantiños; e en Arteixo o Deportivo Feminino B (domingo ás 16.00).

Para o partido do Xuvenil A, os socios teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público, a entrada custa 3 euros.

Actúan como visitantes nesta ocasión o Xuvenil B (mañá domingo en Santiago) e o Cadete A (que gañou hoxe en Nigrán ao Val Miñor).

Por outra banda, o Alevín A concluíu como campión a competición regular no grupo 2º da Primeira Comarcal A Coruña. Disputará o seu último encontro ante o Cambre A. A próxima semana arrincará a fase de eliminatorias polo Campionato Galego, a primeira será contra o oitavo clasificado do grupo 1º.

Este fin de semana toca descanso para o Infantil B, sen competición ligueira no grupo 1º da Primeira Autonómica.

O calendario de partidos, cos resultados de hoxe sábado nun pleno de vitorias, é o seguinte:

Terceira División

FABRIL 2 (Óscar e Borja Galán) - ALONDRAS 0

Categoría Feminina

Primeira División Autonómica: DEPORTIVO FEMININO B - XUVENTÚ AGUIÑO, o domingo 4 de decembro ás 16.00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)

Categoría Xuvenil

División de Honra: XUVENIL A - MARINA SPORT, o domingo 4 de decembro ás 11.30 en Abegondo (campo 1)

Liga Nacional: COMPOSTELA - XUVENIL B, o domingo 4 de decembro ás 12.15 no campo da Barrosa (Villestro)

Categoría Cadete

División de Honra: VAL MIÑOR 1 - CADETE A 2 (Borja e Julián)

Liga Galega, grupo 1º: CADETE B 6 (Mario -2-, Pol, Rares -2- e Iago) - RACING VILLALBES 0

Categoría Infantil

Liga Galega, grupo 1º: INFANTIL A 4 (Iago, Novoa -2- e Padín) - BERGANTIÑOS 0

Categoría Alevín

Primeira Comarcal A Coruña, grupo 2º: ALEVÍN A 7 (Noah -2-, Yago -2-, Meki, Zerfu e Domínguez) - SPORTING CAMBRE A 1

Segunda Comarcal A Coruña: URAL C 2 - ALEVÍN B 6 (Óscar -3-, Luís, Pablo e Zoe)

Categoría Benjamín

Primeira Comarcal A Coruña: RAYO SADENSE A 0 - BENXAMÍN A 12 (Jairo -4-, Dani -3-, Marcos -3-, Pablo Vázquez e Bruno)

Segunda Comarcal A Coruña: BENXAMÍN B 7 (Anxo -2-, Eder, Guille, Pablo, Yago e Nico) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS C 0