RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

A falta de acerto impediu o triunfo do Infantil A sobre un rochoso Calasanz A

A igualdade é máxima na cabeza da táboa do grupo 1º da liga Galega. Infantil A e Calasanz A, os dous primeiros clasificados, víronse as caras en Abegondo. Houbo empate (1-1) entre dous conxuntos que trataron de aproveitar as súas armas: fortaleza física o conxunto colexial e máis calidade técnica o equipo deportivista.

Aos branquiazuis faltoulles o acerto en ataque para culminar a remontada despois do tanto inicial do Calasanz A. Iván foi o autor do único gol deportivista.

Con este resultado, o Infantil A e o Calasanz seguen á fronte da clasificación con 13 puntos, pero agora cun punto só de vantaxe sobre o San Tirso, segundo con 12 puntos.

Infantil A: Lemos, Sergio, Rubén, Álvaro, Eloi, Hugo García, Roque, Iván, Quique, Hugo Baldomar e Álex. Tamén xogaron: Alex López, Dani, Trigo e Martín.

O xoves 12 de outubro, día festivo, hai unha nova xornada ligueira. O Infantil A visita ao Polvorín A, ás 12:00 no campo de O Polvorín (Lugo).
Os resultados ata a data do equipo que prepara Iván Vázquez son os seguintes:

Infantil A 7 (Sergio -2-, Hugo Baldomar -2-, Trigo, Quique e Roque) - Imperátor 0
Once Caballeros 1 - Infantil A 15 (Hugo Baldomar -3-, Rubén, Sergio, Álex González, Trigo -2-, Xosé, Zerfu, Roque -3-, Iván e Hugo García)
Infantil A 2 (Roque e Hugo Baldomar) - Racing de Ferrol 1
Lugo 1 - Infantil A 6 (Roque -4-, Dani e Álex González)
Infantil A 1 (Iván) - Calasanz A 1