RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

A falta de puntaría penaliza a un Fabril que se xogará a sexta praza na última xornada

A falta de puntaría penalizou a un Fabril que igualou (0-0) en Abegondo ante a SD Fisterra.

Os pupilos de Juan Carlos Valerón dispuxeron de até cinco oportunidades claras para bater a meta defendida polo fisterrán Bouzón. Ao final, por mala fortuna unhas veces e falta de puntaría outras o balón non entrou na portería rival.

Con esta resultado, o filial deportivista queda sétimo con 29 puntos, os mesmos que o CSD Arzúa (sexto) pero por detrás do Silva SD (quinto con 30 puntos). Así pois, na última xornada, o domingo 28 de marzo ás 17:00 horas, o Fabril precisa gañar en Viveiro e que o CSD Arzúa ou o Silva SD non gañen os seus partidos ao Polvorín FC e Racing Villalbés respectivamente.

Fabril: Alberto, Iván Guerrero, Guille Bueno, Yuste, Juan Rodríguez, Kanouté, Javi Sánchez, Barba, Adri Castro, Yeremay e Pescador. Tamén xogaron: Guedes, Javi Sanmartín, Boedo, Sarmiento e Juan Cambón.

Os resultados até a data do Fabril son os seguintes:

UD Somozas 0 - Fabril 0
Fabril 5 (Rayco, Manu Mosquera -2-, Sarmiento e David Suárez) - UD Paiosaco H. Añón 0
Silva SD 1 - Fabril 1 (Iván Guerrero)
Fabril 0 - CSD Arzúa 1
Racing Villalbés 3 - Fabril 3 (Rayco, Villares e Juan Cambón)
Fabril 2 (Villares e Boedo) - CD As Pontes 0
Bergantiños FC 2 - Fabril 1 (Boedo)
Fabril 1 (Javi Sanmartín) - Polvorín FC 4
Fabril 3 (Adri Castro, Barba e Yuste) - Agrupación Estudantil 1
SD Fisterra 1 - Fabril 2 (Adri Castro e Javi Sánchez)
Fabril 3 (Adri Castro e Rayco -2-) - Viveiro CF 0
Fabril 2 (Javi Sánchez e Boedo) - UD Somozas 0
UD Paiosaco H. Añón 2 - Fabril 1 (Barba)
Fabril 0 - Silva SD 0
CSD Arzúa 1 - Fabril 0
Fabril 3 (Adri Castro, Javi Sánchez e Boedo) - Racing Villalbés 0
CD As Pontes 3 - Fabril 2 (Barba e Guille Bueno)
Fabril 1 (Boedo) - Bergantiños CF 2
Polvorín FC 3 - Fabril 1 (Jairo)
Agrupación Estudantil 2 - Fabril 6 (Adri Castro -3-, Pescador, Juan Cambón e un futbolista rival en propia meta)
Fabril 0 - SD Fisterra 0