RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Calendario de #ANOSACANTEIRA para a fin de semana, cos resultados de hoxe venres

Catro equipos participan no Torneo da AFAC: Xuvenil B, Cadete A, Cadete A San Tirso e Infantil A. A competición finalizará mañá sábado 19 pola tarde, coa disputa das finais do tres categorías no campo da Grela 1.

De todos eles, está eliminado o Xuvenil B, aínda que queda un partido aínda por xogar, mañá sábado. Tamén o ten complicado o Cadete A San Tirso, que hoxe venres gañou un partido e perdeu outro.

O primeiro encontro do Fabril no seu regreso á Segunda División B, en Fuenlabrada este domingo ás 19:30 horas, será o partido estrela da fin de semana en #ANOSACANTEIRA.

Finalmente, o Xuvenil A xoga mañá sábado en Aguilar de Campoo (Palencia) o Torneo de La Galleta, que non fai moito disputou o primeiro equipo.

O calendario de partidos, cos resultados de hoxe venres, é o seguinte:

Segunda División B
FUENLABRADA - FABRIL, o domingo 20 de agosto ás 19:30 horas no campo Fernando Torres de Fuenlabrada

Categoría feminina
Amigable: Beiramar CF - Deportivo ABANCA B, o sábado 19 de agosto ás 18:00 horas no Campo do Pombal (Cambados)

Categoría xuvenil
Torneo de La Galleta en Aguilar de Campoo (Palencia)
Sábado 19 de agosto
16:30: VALLADOLID - XUVENIL A
17:30: ATHLETIC CLUB - PERDEDOR DO PRIMEIRO PARTIDO
18:30: ATHLETIC CLUB - GAÑADOR DO PRIMEIRO PARTIDO

Torneo da AFAC
Primeira Fase
Venres 18 de agosto
XUVENIL B 1 - GALICIA CARANZA 2

Sábado 19 de agosto
9:45: VILAPOUCA (Portugal) - XUVENIL B, na Cidade Deportiva da Torre (campo 1)

Con este resultado e o empate posterior do Galicia Caranza ante o Vilapouca, o equipo deportivista xa está eliminado

Sinde's Cup
Domingo 20 de agosto
Semifinal
12:00: XUVENIL B - LUGO

O vencedor xogará a final ás 19:30 horas e o perdedor, a final de consolación ás 17:30 horas.

Categoría cadete
Torneo da AFAC
Primeira Fase
Venres 18 de agosto
SANTIAGO DE COMPOSTELA 0 - CADETE A 2 (Juanma e Concheiro)

Sábado 19 de agosto
09:45: CADETE A - BERGANTIÑOS, na Grela 1

O primeiro de cada grupo pasa á semifinal, que se xoga a continuación.

Primeira Fase
Venres 18 de agosto
CADETE A SAN TIRSO 2 (Axel e Jairo) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS 0
CELTA 2 - CADETE A SAN TIRSO 0

O primeiro de cada grupo pasa á semifinal, que será o sábado 19 pola mañá.

Amigable: CADETE B - ORILLAMAR B (xuvenil), o sábado 19 de agosto ás 11:00 horas no campo 7

Categoría infantil
Torneo da AFAC
Primeira Fase
Venres 18 de agosto
URAL 1 - INFANTIL A 3 (Hugo Baldomar, Dani Sánchez e Rubén)

Sábado 19 de agosto
10:15: INFANTIL A - IMPERÁTOR, na Leyma

O primeiro de grupo xogará a final, ás 16:00 horas na Grela 1