Calendario e resultados de #ANOSACANTEIRA os días 25 e 26 de febreiro
A festividade do Entroido e o Campionato de España xuvenil e cadete de Seleccións Territoriais paralizou a competición este fin de semana en practicamente todas as categorías de #ANOSACANTEIRA.
Así pois, só tiveron partido ligueiro o Fabril e o Deportivo Abanca B, ambos hoxe domingo. Cara para os fabrilistas, novos líderes da Terceira División coa súa vitoria ante o Rápido de Bouzas (3-0); e cruz para o Deportivo Abanca B, que caía derrotado en Santiago fronte ao Victoria FC (3-1).
Pola súa banda, o Infantil B disputa mañá luns a semifinal do torneo amigable organizado polo club Uniao Desportiva Ponte de Frielas, na citada localidade lusa de Ponte de Frielas.
Os resultados do fin de semana foron estes:
Terceira División
FABRIL 3 (Borja Galán, Borja Domingo e Queijeiro) - RÁPIDO DE BOUZAS 0
Categoría feminina
Primeira División Autonómica: VICTORIA FC 3 - DEPORTIVO ABANCA B 1 (Raña)