RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Cara e cruz para Infantil A e Dépor Abanca B, os dous únicos equipos de #ANOSACANTEIRA en competición oficial

Unicamente dous equipos de #ANOSACANTEIRA seguen en competición oficial: o Deportivo Abanca B (Copa de Primeira División) e o Infantil A (Copa Galicia da Liga Galega).

A cara foi para o Infantil A, que se impuxo ao Coruxo (0-7) e, a falta do partido de volta de cuartos de final, clasificouse para a Fase Final da Copa Galicia da Liga Galega.

A cruz foi hoxe domingo. O Dépor Abanca B caeu (3-0) coa Vitoria FC de Santiago, no partido de ida de semifinais da Copa Feminina de Primeira División. Toca remontar no partido de volta en Arteixo.

Todos os demais equipos de categorías inferiores, salvo os dous conxuntos xuvenís, tiveron torneo amigable este fin de semana: Cadete A en Moraña; Cadete B en Malpica; Infantil B en Ribeira; Alevín A en Carballo e Badaxoz; Alevín B en Azpeitia (Gipuzkoa); Benxamín A en Pontevedra; e Benxamín B en San Mamede (Vedra, A Coruña).

Os resultados do fin de semana foron os seguintes:

Categoría feminina
Copa Feminina Primeira División, semifinais, ida: VICTORIA FC 3 - DEPORTIVO ABANCA B 0

Categoría infantil
Copa Galicia da Liga Galega, cuartos de final, ida: CORUXO 0 - INFANTIL A 7 (Dani -2-, Jorge, Axel, Padín, Noel e un futbolista rival en propia meta)