RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ORZÁN SD

Cita copeira mañá para o Orzán SD Xuvenil Femenino após o título ligueiro de Primera Autonómica

Despois de conquistar o título da Primera Autonómica, o Orzán SD Xuvenil Femenino afronta mañá mércores 22 de maio ás 21:00 os cuartos de final, a partido único, da II edición da Copa da Coruña.

O seu rival será o Sporting Burgo, campión do grupo 1º da Tercera Autonómica, no campo da Lavandeira, en Culleredo.

As orzanistas apearon o pasado 15 de maio en oitavos de final ao Orillamar SD (2-4), con goles de Noe Mayo -2- e Noe Gómez -2-.

O Orzán SD Xuvenil Femenino foi o campión da I edición da Copa da Coruña Feminina após derrotar (2-0) ao Victoria CF B o pasado 8 de xuño de 2023 na final disputada en ABANCA-RIAZOR, con dobrete da brillante campioa de Europa sub-17 Lucía Rivas.

/* Bot imbee */