RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Dobre triunfo deportivista ante a Selección Galega

O Deportivo ABANCA e o Deportivo ABANCA B disputaron este martes 28 de novembro un partido amigable en Abegondo fronte á Selección Galega Sub-18 e Sub-16 respectivamente.

O resultado foi o mesmo nos dous partidos: 2-1 a favor das branquiazuis, nun bo test sobre todo para as xogadoras con menos minutos en competición ligueira.

Iris e Kika golearon para o Deportivo ABANCA

O Deportivo ABANCA formou con estas xogadoras: Anita, Raquel, Miriam, Silvia Mérida, Cris Oreiro, Iris, María Corral, Gaby, Peke, Sara e Nuria. Tamén xogaron: Estefi, Patri, Miga, Cris, Sheila, Jone e Kika.

Na Selección Galega Sub-18 estiveron as futbolistas branquiazuis Malena, Lía, Tere e Laura.

Os goles deportivistas foron obra de Iris e Kika, un en cada tempo.

O vindeiro domingo 3 de decembro ás 12:30 horas, o Deportivo ABANCA visita ao Victoria CF (campo da Grela 1), en partido da 12ª xornada no grupo 1º de Segunda División Nacional.

Remontada do Deportivo ABANCA B con dobrete de Sara Iglesias

Pola súa banda, o Deportivo ABANCA B impúxose á Selección Galega Sub-16 con dobrete de Sara Iglesias na segunda metade, para remontar o tanto inicial do combinado galego co que se chegou ao descanso.

Deportivo ABANCA B: Miralles, Ainhoa, Alba Martínez, Noe, Alba Pérez, Sara Piñeiro, Lara, Sofía, Ari, Mar e Vero. Tamén xogaron: Carmen, Alba Suárez, Sara Iglesias e Michelle.

O domingo 3 de decembro ás 18:00 horas, o Deportivo ABANCA B visita ao Tordoia (campo da Rega), en partido da 13ª xornada na Primeira Autonómica Feminina.