RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Dous erros condenan ao Deportivo ABANCA B no derbi coruñés ante o Victoria CF

Dous erros condenaron ao Deportivo ABANCA B, que caeu na Grela 1 no derbi coruñés do grupo 1º de Primeira Nacional ante o Victoria CF (2-0).

As branquiazuis dominaron practicamente todo o encontro pero foron as locais as que aproveitaron eses dous fallos deportivistas para sentenciar o partido.

Con este resultado, o Deportivo ABANCA B é 3º na táboa con 12 puntos.

Deportivo ABANCA B: Miralles, Laura Rivas, Sara Álvarez, Sofía, Patri Díaz, Nuria Torres, Alba Suárez, Lara, Carlota, Aroa e Patri López. Tamén xogaron: María Calvo, Navia e Sara Piñeiro.

O vindeiro sábado 26 de outubro ás 18:00, o Deportivo ABANCA B recibe en Abegondo ao CD Monte, colíder da categoría empatado a 18 puntos co Viaxes InterRías FF.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 6 (Carlota -2-, Aroa, Patri López, Patri Díaz e Ainhoa) - CD Valladares 1
Sárdoma CF 2 - Deportivo ABANCA B 3 (Patri López, Navia e Sara Piñeiro)
Deportivo ABANCA B 8 (Patri López -2-, Alba Suárez, Bermúdez, Sara Álvarez, Navia, Sara Piñeiro e Lucía) - CD Oceja 0
Viaxes InterRías FF 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Patri López)
Deportivo ABANCA B 2 (Nuria Torres e Alba Suárez) - Oviedo Moderno CF B 0
Victoria CF 2 - Deportivo ABANCA B 0