RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Dous partidos oficiais esta fin de semana en #ANOSACANTEIRA

A Semana Santa provocou que unicamente 3 equipos de #ANOSACANTEIRA tivesen partido oficial durante estes días: Deportivo ABANCA B, Fabril e Xuvenil A.

O primeiro deles xogouse o pasado martes 27 de marzo. Foi o partido entre o Viaxes InterRías FF e o Deportivo ABANCA B pertencente á 18ª xornada na Primeira Autonómica Feminina, que foi suspendido o pasado 28 de xaneiro ao descanso polo colexiado Francisco Javier Raposo Barcia debido á confusión coas camisetas de ambos os equipos.

Completouse no campo da Lanzada o partido na segunda metade con 0-1 no marcador, tanto logrado por Carlota. E finalizou cun 1-3 que asenta ao Deportivo ABANCA B na segunda praza da liga, só superado polo Valladares. Carlota de novo e Ari redondearon o marcador.

Para esta fin de semana quedan os outros dous, ambos lonxe de Abegondo: mañá sábado 31 o Xuvenil A visita ao CD Roces en Xixón; e o domingo 1 de abril, o Fabril mídese á Gimnástica Segoviana, ás 18:00 no Estadio Municipal de La Albuera.

Os demais equipos da canteira teñen descanso, aínda que case todos con torneos amigables.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda División B
32ª xornada: GIMNÁSTICA SEGOVIANA - FABRIL, o domingo 1 de abril ás 18:00 no Campo Municipal de La Albuera (Segovia)
Clasificación: 1. Rayo Majadahonda, 58 puntos; 2. Fuenlabrada (un partido máis) e Fabril, 56 puntos; 4. Navalcarnero (un partido máis), 54 puntos; 5. Rápido de Bouzas, 52 puntos...

Categoría feminina
18ª xornada: VIAXES INTERRÍAS 1 - DEPORTIVO ABANCA B 3 (Carlota -2- e Ari)
Clasificación da Primeira Autonómica Feminina: 1. Valladares (un partido menos), 68 puntos; 2. Deportivo ABANCA B, 63 puntos; 3. Atlético Arousana, 58 puntos; 4. Viaxes InterRías FF (un partido menos), 52 puntos...

Categoría xuvenil
29ª xornada: CD ROCES - XUVENIL A, o sábado 31 de marzo ás 17:00 horas no campo de Covadonga (Xixón)
Clasificación da División de Honra: 1. Sporting de Gijón, 67 puntos; 2. Xuvenil A e Celta, 62 puntos; 4. Real Racing Club, 55 puntos...

Clasificación da liga Nacional: ... 2. Ural, 67 puntos; 3. Xuvenil B, 55 puntos; 4. Racing de Ferrol, 53 puntos...

Categoría cadete
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 76 puntos; 2. Cadete A, 68 puntos; 3. Pabellón Ourense, 47 puntos...

Clasificación da liga Galega, grupo 1º: ... 4. Viveiro A, 52 puntos; 5. Lugo B e Cadete B (un partido menos), 48 puntos; 7. Escola Estrada Fútbol Base, 45 puntos...

Categoría infantil
Clasificación da liga Galega, Fase polo Título: 1. Celta, 30 puntos; 2. Infantil A, 24 puntos; 3. Ourense, 18 puntos...

Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B (un partido máis), 71 puntos; 2. Victoria B e Orillamar, 63 puntos...

Categoría alevín
Clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol once, grupo norte: 1. Alevín A, 21 puntos; 2. Lugo A, 18 puntos; 3. Atlético Arteixo A (un partido menos), 12 puntos...

Clasificación da Segunda Fase, grupo 1º: 1. Alevín B, 18 puntos 2. Obradoiro (un partido menos), 12 puntos...

Categoría benxamín
Clasificación da Segunda Fase da Primeira Comarcal: 1. Benxamín A, 33 puntos; 2. Ural A, 25 puntos...

Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Benxamín B (un partido menos), 54 puntos; 2. Calasanz C e Victoria C, 46 puntos...