RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ENTRADAS

Entradas á venda para o Dépor-Lugo do Día de Reyes, con entradas a 5 ? para os máis pequenos

O Dépor-Lugo do 6 de xaneiro vén con agasallo de reis para os máis pequenos da casa. Para o partido entre os dous equipos galegos, os reis da casa, até 15 anos (incluídos), poderán conseguir unha entrada para o encontro a 5 euros. Estas entradas están dispoñibles tanto en despacho de billetes como online.

O encontro dispútase o domingo 6 de xaneiro de 2019 ás 17:30 horas. Os prezos das entradas oscilan entre os 15 e os 30 euros. Tamén hai entradas para a zona VIP "Área 1906" a 95 euros.

Para adquirir estas localidades os afeccionados deben achegarse á Oficina de Atención ao Deportivista, que se xa na súa localización habitual da avenida de La Habana (entrada Palcos VIP do Estadio ABANCA-RIAZOR), aberta de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas. O sábado, de 10:30 a 13:30 e o domingo, día do partido, as entradas estarán á venda desde as 11:00 e até o inicio do encontro de maneira ininterrompida.

As entradas de público tamén poden comprarse online aquí