RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ENTRADAS

Menos de 500 entradas á venda para #ONosoDerbi

Coas entradas despachadas ata hoxe, Riazor encamíñase cara ao "non hai billetes" para o gran partido da tempada: #ONOSODERBI da 28ª xornada de LaLiga, o Dépor-Celta que se disputa o domingo 19 de marzo ás 18:30 horas. As entradas aínda dispoñibles, unicamente das bancadas de Tribuna Superior e Inferior, están á venda na Oficina de Atención ao Deportivista no horario habitual da OAD: de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h. ata o venres. O sábado, a Oficina abre de 10:30 a 13:30 e o domingo, día do partido, a venda trasládase aos Despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor desde as 11:00 e ata o comezo do choque.

Tamén poden comprarse en liña aquí

Prezos das entradas de público para #ONOSODERBI Dépor-Celta: