Espectacular tramo final do partido do Orzán SD Xuvenil Feminino, con remontada en dous minutos
Espectacular tramo final do partido do Orzán SD Xuvenil Feminino no campo de Sinde B ante a SD O Val (1-2), correspondente á 8ª xornada no subgrupo A da Primeira División Galega.
Após un primeiro tempo igualado, o segundo foi para as orzanistas, que gozaron de moitas ocasións para marcar. Con todo, o que se adiantou o marcador foi a SD O Val no minuto 76, un gol que parecía definitivo para a sorte do partido.
Lonxe de renderse, o Orzán SD Xuvenil Feminino lanzouse a pola meta rival e logrou darlle a volta ao marcador cun gol de Abril no minuto 84 e outro de Laura Otero no minuto 86, que facían xustiza ao visto no terreo de xogo.
Con este resultado, o Orzán SD Xuvenil Feminino suma 11 puntos na zona alta da clasificación.
Orzán SD Xuvenil Feminino: Uxía Rabuñal, Lucía Mariño, Celia Sousa, Daniela Agilda, Laura Deus, Antía Brage, Iria Otero, Lucía Fuentes, Sara Cercido, Noelia Gómez e Laura Otero. Tamén xogaron: Yaiza García, Ivana Fernández, Valeria Filgueira, Abril Pazos e Daniela Basalo.
A próxima fin de semana, o Orzán SD Xuvenil Feminino recibe na Torre ao Victoria CF B.
Os resultados do Orzán SD Xuvenil Feminino até a data son os seguintes:
SD Tordoia 2 - Orzán SD Xuvenil Feminino 3 (Lucía Rivas, Laura Otero e Laura Santos) Orzán SD Xuvenil Feminino 3 (Lucía Rivas e Laura Otero -2-) - Bergantiños CF 2 SD Antas 0 - Orzán SD Xuvenil Feminino 0 CD Lugo 2 - Orzán SD Xuvenil Feminino 0 Orzán SD Xuvenil Feminino 3 (Ana Capelo -2- e Nuria Gómez) - PM Friol B 3 SD O Val 1 - Orzán SD Xuvenil Feminino 2 (Abril e Laura Otero)