RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Imanol Idiakez pide mirar só a Cornellà porque é o único camiño que entendemos

Imanol Idiakez insistiu este mediodía na sala de prensa de Abegondo en só mirar a "Cornellá. Voume a repetir, pero é que é o único camiño que entendemos. Cada semana cambia porque cando un equipo perde un partido xa parece que nos deixa de parecer rival e non é así".

De feito, advirte que "quedan tantos puntos, tantos partidos e enfrontamentos directos... Vese nas últimas xornadas o apertado que vai estar até o final. Isto é lóxico e entón nós só podemos centrarnos no seguinte partido, no noso traballo. Os demais, que vaian facendo o que poidan. Cando pica un rival alégrasche, pero sobre todo te alegras se fas ti o teu traballo. A semana pasada fixemos un bo traballo en Majadahonda; e agora temos un rival dun nivel de esixencia, e outra vez fóra de ABANCA-RIAZOR, co que iso significa".

O adestrador deportivista lembra que "se nós facemos o noso traballo seguramente nos alegraremos de calquera picada dos rivais, pero principalmente hai que facer o noso".

Así pois, conclúe que prefire "ir partido a partido. Queda moito e de verdade que creo que o camiño que iniciamos hai un tempo está a irnos ben e non queremos desviarnos".

Cualifica á UE Cornellà, rival este sábado 30 de marzo ás 16:00 na Cidade Deportiva Dani Jarque (FEF TV), como "moi difícil, porque o concepto difícil lévano á máxima expresión. Expoñen partidos de competir, de deixarche pouco, de pecharse, de contraataque, de balón parado; e logo é un equipo perigoso, xa o vimos na primeira volta".

Destaca no conxunto catalán a futbolistas como Clau ou Teddy, "que teñen capacidade de contraataque individual ou con poucos toques, e que nos vai a obrigar a facer un partido de moita concentración e de moito rigor nalgúns aspectos do xogo porque o manexan moi ben".

O preparador branquiazul tamén recalca que "non encaixaron gol en casa desde xaneiro, desde o día do Sabadell que perderon. Levan 3 partidos seguidos en casa con porta a cero. Iso explica o tipo de partido que nos imos a atopar. Imos ver se somos capaces de entendelo ben e expolo como debemos".