Dous equipos de #ANOSACANTEIRA participan esta semana en torneos amigables en Nantes (Francia) o Cadete B; e en Stuttgart (Alemaña) o Benxamín A.
Así, o Cadete B compite desde onte na 40 edición do Mundial Sub-15 La Saint Pierre de Nantes.
Hoxe xoves disputou tres partidos, cun balance de tres empates sen goles. Os deportivistas estiveron a gran nivel, e só a mala fortuna impediu o seu pase á Fase polo Título.
O calendario do equipo, cos resultados da Primeira Fase, é o seguinte:
Mércores 19 de abril CADETE B 2 (Pol e Rares) - SYMPHO FOOT REILLIERES 1 CADETE B 0 - STADE RENNAIS 0
Xoves 20 de abril CADETE B 0 - STEAUA BUCAREST 0 CADETE B 0 - AC BASSE GOULAINE 0 CADETE B 0 - OLYMPIQUE DE MARSELLA 0
Venres 21 de abril Fase de Consolación 11:30: CADETE B - CHAPELAIN
Pola súa banda, o Benxamín A quedou encadrado no grupo C da Orthopädikos Cup, con estes equipos: TSV Plattenhardt, FG Seckbach, TSF Ditzingen Weib e FC St. Pauli.
O calendario da Primeira Fase é o seguinte:
Sábado 22 de abril 9:19: BENXAMÍN A - TSV PLATTENHARDT 9:57: FC ST. PAULI - BENXAMÍN A 10:35: TSF DITZINGEN WEIB - BENXAMÍN A 11:51: BENXAMÍN A - FG SECKBACH
A partir de aí, e segundo clasificación, pasarase a unha Segunda Fase.