RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Lucas entra na recta final e hoxe fixo boa parte da sesión co grupo

Lucas entrou na recta final e hoxe luns, tras arrincar no campo co readaptador Fernando Rodríguez, completou a continuación co grupo o resto do adestramento no campo 2 da Cidade Deportiva.

Despois do partido do sábado pola noite en Teruel e do longo regreso en autocar durante toda a noite con chegada a Abegondo ás 9:00 de onte domingo, os titulares no campo de Pinilla tiveron unha xornada de recuperación. Só realizaron no céspede as primeiras tarefas, unha activación e rondos, antes de pasar ao ximnasio e a sala de fisioterapia.

Para o dianteiro coruñés e os demais futbolistas do cadro houbo, como é habitual neste tipo de sesións, alta intensidade cun exercicio de posición con porterías pequenas, unha tarefa de finalizacións e fútbol en espazo reducido.

Con Ximo Navarro pendente de avaliación médica, Rubén López, a pesar de que xogou os últimos 16 minutos o sábado en Teruel e onte domingo en Abegondo o segundo tempo completo ante o CD Guijuelo co Fabril, foi o representante de #ANOSACANTEIRA.

Mañá martes hai xornada de descanso. O mércores 17, Os Nosos póñense de novo en marcha de cara ao partido ante a Cultural Leonesa en ABANCA-RIAZOR previsto para o sábado 20 de abril ás 19:00 horas (TVG-2 e FEF TV).

📸GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK