RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Mañá intensa para Os Nosos de preparación táctica do partido ante o Celta Fortuna

Os Nosos tiveron hoxe xoves unha intensa mañá de preparación táctica do partido deste domingo 28 de xuño ás 21:00 horas en Abanca-Balaídos ante o Celta Fortuna, correspondente á 21ª xornada no grupo 1º de Primera Federación.

Así, após unha activación con roda de pases no campo 2, Imanol Idiakez levou aos seus futbolistas dispoñibles ao campo 3 co obxecto de ensaiar o plan para enfrontarse ao filial céltico.

En rolda de prensa, Jaime Sánchez recoñece que a estrutura táctica do partido ante a SD Ponferradina "saíu moi ben. Non se se seguiremos facéndoo, pero o outro día saíu moi ben".

Iso si, o polivalente futbolista gaditano lembra que "tamén fixemos grandes partidos coa outra forma de xogar, pero a realidade é que o outro día estivemos moi ben e o equipo sentiu moi cómodo nun sistema de xogo que até agora fixeramos nalgún partido algúns minutos, pero non de inicio".

Estiveron con adestramento personalizado Retuerta, Paris Adot e o canteirán Martín Ochoa; posto que Alberto xa comezou a realizar tarefas co resto dos seus compañeiros.

Brais Suárez, Puerto, Iano Simão, Rubén e Mella foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Mañá venres o equipo repetirá sesión de adestramento a partir das 11:00 en Abegondo.

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK