RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Merecido triunfo do Xuvenil A ante o líder, Sporting de Gijón

Gran partido do Xuvenil A esta tarde en Mareo ante o que se presentaba como líder da División de Honra, o Sporting de Gijón. Gañaron con todo merecemento os deportivistas (0-1), cun tanto de Iago Novo.

Debutou no Xuvenil A o meta nixeriano Francis, que tivo unha boa actuación. Tamén foi titular o central Mujaid, que esta semana disputou dous partidos coa Selección Española Sub-17 ante Croacia.

O partido foi moi competido e acabou con polémica, con cinco expulsados nos últimos minutos, tres por parte local e dous (Adrian e Gandoy), por parte deportivista.

Con este resultado, o Xuvenil A é terceiro con 49 puntos, a 7 do novo líder, o Celta, que suma 56.

Xuvenil A: Francis, Carracedo, Boedo, Mujaid, Joel, Gandoy, Sito, Aarón, Pedro, Ortuño e Iago Novo. Tamén xogaron: Sebas, Porrúa, Mosquera e Adrian.

En quince días, o Xuvenil A recibirá en Abegondo ao Roces.

Os resultados ata a data do conxunto deportivista son os seguintes:

Celta A 3 - Xuvenil A 2 (Adri e Iago Novo)
Xuvenil A 1 (Boedo) - Pabellón 0
Bansander 2 - Xuvenil A 1 (Sandá)
Xuvenil A 3 (Sito -2- e Adrián) - Racing de Santander 0
Lugo 0 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 5 (Joel, Adrián, Mosquera, Boedo e un futbolista rival en propia meta) - Santiago de Compostela 2
Xuvenil A 2 (Ortuño e Aarón) - Tropezón 1
Oviedo 4 - Xuvenil A 4 (Pedro -2-, Ortuño e Boedo)
Xuvenil A 2 (Pedro e Boedo) - Sporting de Gijón 1
Roces 1 - Xuvenil A 1 (Boedo)
Xuvenil A 2 (Adrián e Pedro) - Alondras 2
Avilés 1 - Xuvenil A 3 (Boedo, Gandoy e Adrián)
Xuvenil A 1 (Boedo) - Areosa 1
Val Miñor 1 - Xuvenil A 3 (Pedro e Boedo -2-)
Xuvenil A 7 (Mujaid, Adrián -2-, Pedro, Boedo e Mosquera -2-) - Mariña Sport 0
Xuvenil A 0 - Celta 3
Pabellón 1 - Xuvenil A 6 (Mosquera, Porrúa -3-, Pedro e Sito)
Xuvenil A 7 (Mosquera -4-, Porrúa, Pedro e Gandoy) - Bansander 3
Real Racing Club 2 - Xuvenil A 3 (Joel, Mosquera y Pedro)
Xuvenil A 3 (Pedro, Gandoy e Adrián) - Lugo 1
Santiago de Compostela 1 - Xuvenil A 5 (Pedro -3-, Boedo e Aarón)
Tropezón 1 - Xuvenil A 1 (Gandoy)
Xuvenil A 1 (Ortuño) - Oviedo 1
Sporting de Gijón 0 - Xuvenil A 1 (Iago Novo)