RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Michael Krohn-Dehli puxo o punto e final ao primeiro mes da Escola RC Deportivo

O internacional danés Michael Krohn-Dehli visitou esta tarde aos 30 nenos que participaron no primeiro mes da Escola RC Deportivo.

O centrocampista branquiazul, un dos representantes do Dépor no pasado Mundial de Rusia, asinou postais, camisetas, zapatillas, balóns... posou na foto de familia do grupo; entregou o diploma acreditativo ao alumno que finalizou a actividade este mes; e someteuse ás preguntas de todos os nenos, como en calquera rolda de prensa:

-¿Quen é o teu mellor amigo no Dépor?

-Carlos Fernández. Xoguei con el tamén no Sevilla

-¿En que clubs xogaches?

-En España en tres: Celta, Sevilla e Deportivo. E fóra por exemplo no Ajax de Holanda.

-¿Gústache A Coruña?

-Gústame moito, aínda que chove. Pero en Dinamarca, na miña casa, tamén chove moito.

A Fundación Real Club Deportivo puxo en marcha esta unha nova actividade que vai máis aló do concepto DéporCampus Cabreiroá que se desenvolve no verán, semana santa e Nadal. O seu principal obxectivo é complementar os adestramentos e a formación futbolística dos nenos e nenas da Coruña, de maneira individual, personalizada e atendendo ás necesidades de cada un.

Nela trabállanse contidos complementarios ao traballo que puidesen desenvolver nos seus clubs, no seu tempo libre e profúndase no coñecemento e adestramento do fútbol baixo a supervisión dos adestradores da canteira do Real Club Deportivo.

A actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, en grupos de, como máximo 20 futbolistas, cunha duración coincidente co curso escolar/temporada. Hai que matricularse como mínimo 1 mes e pódese adestrar 1 ou 2 días á semana, mércores e venres en horario de tarde, en quendas de 1 hora, nas instalacións de Fútbol Indoor Coruña.

Ademais da cota mensual (de entre 45 e 95 euros ao mes en función de descontos e horas de adestramento) a primeira vez que se inscriba un alumno na Escola deberá abonar a matrícula que será de 30€ prezo normal e 25€ prezo reducido. Os alumnos do DéporCampus Cabreiroá Indoor 2018 están exentos do pago desta matrícula.

Toda a información da Escola RC Deportivo está dispoñible en www.rcdeportivo.es/escola.