O Alevín A achégase ás semifinais co seu triunfo en Oleiros, na ida de cuartos de final
O Alevín A impúxose (2-5) ao Obrero no partido de ida de cuartos de final da Segunda Fase das Primeiras Comarcais. O conxunto deportivista está pois a un paso das semifinais, que xa se xogan en formato de Fase Final nunha soa sede, no mes de maio.
Domínguez -3-, Noah e Diego foron os autores dos goles branquiazuis ante o Obrero, que renderá visita a Abegondo no partido de volta.
Alevín A: Marcos, Carlos, Manu, Marco Baña, Sierra, Domínguez, Mella e Noah. Tamén xogaron: Yago, Lucas, Diego, Javi e Meki.
Os resultados nesta segunda fase do Alevín A foron os seguintes:
Cuartos de final Ida: Obrero 2 - Alevín A 5 (Domínguez -3-, Noah e Diego)
Oitavos de final Ida: Imperátor 0 - Alevín A 13 (Marco Baña, Yago -3-, Mella -2-, Zerfu -2-, Carlos -2-, Noah -2- e Javi) Volta: Alevín A 11 (Marco Baña -2-, Javi -2-, Sierra -3-, Mella, Diego, Meki e Domínguez) - Imperátor 0