RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Alevín A apea ao Imperátor OAR e clasifícase para a Fase Intermedia Galega

O Alevín A clasificouse para a Fase Intermedia de fútbol 8 ao superar con claridade ao Imperátor OAR na eliminatoria previa: 0-8 no partido de ida hai 15 días; e 9-0 na volta disputada esta fin de semana, con goles de Cristian -3-, Rubén -3- e Daniel -3-.

Alevín A: Hugo, Carlos, Cristian, Jorge, Erick, Bruno, Rubén e Álex. Tamén xogaron: David, Samuel, Daniel, Murilo, Raúl e Martín.

A citada Fase Intermedia Galega de fútbol 8 xogarase na segunda quincena de maio. A próxima semana, o Alevín A comezará a súa participación no Trofeo Luis Calvo de fútbol 11.

Os resultados desta eliminatoria previa á Fase Intermedia Galega foron os seguintes:

Ida: Imperátor OAR 0 - Alevín A 8 (Rubén -2-, Jorge -2-, Carlos, Daniel, Cristian e Álex)
Volta: Alevín A 9 (Cristian -3-, Rubén -3- e Daniel -3-) - Imperátor OAR 0