RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Alevín A arrinca a Primeira Comarcal con triunfo sobre o Olímpico A

O Alevín A iniciou a competición ligueira no grupo 1º de Primeira Comarcal cun folgado triunfo (10-0) sobre o Olímpico A, con goles de Torres -3-, Óscar -3-, Pablo -2-, Jorge e Héctor.

Alevín A: Mateo, Zoe, Dani, Torres, Álvaro, Óscar, Héctor e Jorge. Tamén xogaron: Pablo, Luís, Iván, David e Rodrigo.

O próximo fin de semana, o Alevín A medirase ao Atlético Coruña Montañeros A na segunda xornada ligueira.

Antes, este luns 16 de outubro, ás 19:00 en Abegondo, o Alevín A xogará un amigable ante o Atlético Coruña Montañeros B de categoría infantil.