RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Alevín A gana sen pasar apuros ao Atlético Coruña Montañeros

A pesar do que di o resultado (2-0), o Alevín A venceu sen pasar apenas apuros ao Atlético Coruña Montañeros na terceira xornada do Trofeo Luis Calvo de fútbol once. Pablo e Domínguez foron os autores dos goles deportivistas.

Con este resultado, o Alevín A suma 9 puntos de 9 posibles á fronte da táboa do grupo Norte.

Alevín A: Marcos, Noah, Dani, Carlos, Manu, Mella, Sierra, Yago, Meki, Domínguez e Javi. Tamén xogaron: Jorge, Oreiro, Hugo, Carballo, Pablo, Baña e Diego.

O próximo fin de semana, o Alevín A visita ao Residencia.

Os resultados do Alevín A nesta competición son os seguintes:

Alevín A 8 (Marco Baña, Zoe, Álvaro, Yago, Meki, Dani Estévez, Mella e Carlos) - Victoria 0
San Tirso 0 - Alevín A 7 (Noah, Marco Baña, Zerfu, Mella, Meki, Samuel e Domínguez)
Alevín A 2 (Pablo e Domínguez) - Atlético Coruña Montañeros 0