RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Alevín B supera ao Oza Juvenil A e proclámase campión do grupo 1º de Segunda

O Alevín B non acusou o cansazo despois de quedar subcampión do Torneo de Laracha esta mesma semana e venceu con contundencia (0-9) ao Oza Juvenil A, en partido correspondente á 1ª xornada do grupo 1º de Segunda, que foi aprazado o pasado mes de outubro pola falta de campos.

O protagonista do choque foi Bruno, autor de 5 dos 9 goles do seu equipo. Xenxo, Jairo, Marcos e Eli completaron o marcador dun partido con pouca historia.

Con este resultado, e a falta dunha xornada para o final, o Alevín B suma 19 puntos e proclámase matematicamente campión do grupo 1º de Segunda. É o terceiro título desta temporada para #ANOSACANTEIRA, após os logrados anteriormente polo Alevín A (grupo 1º de Primeira Comarcal A Coruña) e Benxamín A (grupo 2º de Primeira Comarcal A Coruña).

Alevín B: Hugo, Bruno, Marcos, Erick, Jairo, Dani, Eli e Xenxo. Tamén xogaron: Anxo e Álex.

A vindeira fin de semana, o Alevín B concluirá esta primeira parte da temporada ante La Paz A.

Os resultados até a data do Alevín B son os seguintes:

Oza Juvenil A 0 - Alevín B 9 (Bruno -5-, Xenxo, Jairo, Marcos e Eli)
Alevín B 8 (Dani -4-, Jairo -2-, Bruno e Álex) - Torre A 0
Victoria B 2 - Alevín B 2 (Álex e Xenxo)
Alevín B 7 (Bruno -3-, Vergara, Dani e Jairo -2-) - Atlético Coruña Montañeros B 1
Orzán 0 - Alevín B 6 (Bruno -2-, Álex, Xenxo, Dani e Eli)
Alevín B 4 (Santana, Eli, Bruno e Dani) - Santa María del Mar A 1
Ural B 2 - Alevín B 3 (Dani e Eli -2-)