RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Alevín B xogará este sábado o Torneo de Nadal Concello de Vigo

O Alevín B disputará este sábado 30 de decembro no campo Manuel Pahiño en Vigo a quinta edición do Torneo de Nadal Concello de Vigo, organizado pola AFAVI (Asociación de Fútbol Afeccionado de Vigo).

O conxunto deportivista quedou encadrado na Primeira Fase co FC Porto e o campión da Fase Previa, con este calendario de partidos:

11:20: FC PORTO - ALEVÍN B
12:20: CAMPIÓN DA FASE PREVIA - ALEVÍN B

O primeiro deles xogará a final, mentres que o resto, en eliminatoria directa, pelexará polo resto de posicións do trofeo co segundo e terceiro clasificado do outro grupo.

Dobre representación na XII edición do Torneo de Nadal Ural CF

Dous equipos branquiazuis competirán na decimosegunda edición do Torneo de Nadal Ural CF, que se xogará nos campos de Elviña (A Coruña): Benxamín A o venres 29 e o Alevín A o sábado 30.

En categoría benxamín este venres, o Benxamín A quedou encadrado na Primeira Fase co Calasanz, Obrero e Oza Juvenil.

O calendario de partidos do cadro deportivista é o seguinte:

10:00: BENXAMÍN A - CALASANZ
11:00: BENXAMÍN A - OBRERO
12:00: BENXAMÍN A - OZA JUVENIL

Os dous primeiros equipos pasan a cuartos de final, que se xogan xa a continuación.

Pola súa banda, o sábado 30 entra en xogo o Alevín A, que terá como rivais na Primeira Fase ao Santiago de Compostela, Bertamiráns e Xuventude Oroso.

O calendario de partidos é o seguinte:

10:30: ALEVÍN A - SANTIAGO DE COMPOSTELA
11:30: ALEVÍN A - BERTAMIRÁNS
12:30: ALEVÍN A - XUVENTUDE OROSO

Os dous primeiros equipos pasan a cuartos de final, que se xogan xa a continuación.

O Infantil B, ao torneo do CF Erizana de Baiona

O Infantil B participa este sábado 30 de decembro na primeira edición do Torneo Infantil CF Erizana de Baiona (Pontevedra), que se xogará no campo de fútbol Val de Martín.

Na competición, que será na modalidade de fútbol 7, o conxunto deportivista quedou encadrado no grupo 1, co CF Erizana A, Coya, Chapela e Ribera B.

O calendario de partidos da Primeira Fase para o Infantil B é o seguinte:

10:40: CF ERIZANA A - INFANTIL B (campo 2)
11:30: RIBERA B - INFANTIL B (campo 1)
12:45: INFANTIL B - CHAPELA (campo 1)
14:25: INFANTIL B - COYA (campo 2)

Os dous primeiros clasificados de grupo acceden aos cuartos de final, que se xogan xa a continuación.

En liga, o Infantil B marcha terceiro no grupo 1º de Primeira Autonómica con 37 puntos após 17 xornadas disputadas. Por diante están o Orillamar (segundo con 38 puntos) e o Ural B (líder con 39 puntos).

En 2018, o primeiro rival ligueiro será o Atlético Arteixo, a primeira fin de semana de xaneiro.