O Benxamín A adxudícase en ABANCA-RIAZOR a XXV edición do Trofeo Mini Teresa Herrera
O Benxamín A impúxose esta tarde en ABANCA-RIAZOR ao Ural Español CF (0-2) na gran final da XXV edición do Trofeo Mini Teresa Herrera.
O encontro disputouse no medio campo correspondente á bancada de Pavillón, onde os familiares dos futbolistas branquiazuis puideron animar aos seus.
O choque foi moi igualado aínda que as mellores mellores oportunidades foron para o Benxamín A. Os dous goles de Íker fixeron que a 'Torre' quedase en ABANCA-RIAZOR.
Benxamín A: Brais, Sergio, Antón, Mateo, Leo, Mario, Thiago e Íker. Tamén xogaron: Alejandro Pais, Nico, Yael e Hugo.
Agora, toca descanso para o equipo Deportivista antes de arrincar a temporada 2021-22, o próximo 6 de setembro.
Os resultados do Benxamín A en esta competición foron os seguintes:
Oitavos de final Sporting Coruñés 0 - Benxamín A 11 (Yael -4-, Thiago -3-, Mario, Mateo, Íker e Hugo)
Cuartos de final Benxamín A 5 (Mario -2-, Hugo, Íker e Leo) - Atlético Coruña Montañeros CF 3
Semifinal Benxamín A 9 (Thiago -3-, Yael, Mario, Sergio, Leo, Íker e Hugo) - CFD Orzán 1