RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Benxamín A buscará mañá xoves unha praza nas semifinais do Mini Teresa Herrera

O Benxamín A xoga mañá xoves 8 de xuño os cuartos de final do Trofeo Mini Teresa Herrera, torneo cuxa final se xogará no Estadio de Riazor este verán antes da 72 edición do Trofeo Teresa Herrera.

O rival do conxunto deportivista será o Ural, ás 19:00 no campo coruñés da Leyma.

Os resultados do Benxamín A no Mini Teresa Herrera deste ano son os seguintes:

Eliminatoria previa
SAN CRISTÓBAL 1 - BENXAMÍN A 11 (Álex -3-, Jairo -2-, Dani -2-, Marcos, Bruno, Pablo Vázquez e Pablo Fernández)

Oitavos de final
IMPERÁTOR 0 - BENXAMÍN A 7 (Pablo Fernández -2-, Erick -2-, Eli, Montes e Pablo Vázquez)

A fin de semana, o Benxamín A participa no Torneo Internacional Cidade de Pontevedra, que organiza o Club Portero 2000 no campo da Xunqueira.