O Benxamín B sacou adiante con nota (6-1) o seu partido ante o Calasanz C, un rival directo polo título. O partido pertencía á 5ª xornada da Segunda Comarcal A Coruña.
Nico -2-, Uxío -2-, Ioan e Paulo foron os autores dos goles branquiazuis.
Con este resultado, o Benxamín B lidera o grupo con 12 puntos, os mesmos que o segundo clasificado, o Victoria C, aínda que o equipo deportivista ten un partido menos xogado.
Benxamín B: Adrián, Nico, Ioan, Mauro, Caaveiro, Yago, Pablo e Cristian. Tamén xogaron: Aarón, Uxío, Gael e Paulo.
A Torre C será o próximo rival do Benxamín B.
Os resultados até a data do Benxamín B foron os seguintes:
Ural C 0 - Benxamín B 9 (Ioan -3-, Pablo -2-, Uxío -2-, Trigo e Yago Vázquez) Benxamín B 11 (Ronquete -3-, Sergio -2-, Ioan -2-, Gael, Yago Trigo, Caaveiro e Uxío) - Atlético San Pedro B 0 Betanzos B 0 - Benxamín B 12 (Ioan -3-, Uxío -3-, Nico -2-, Paulo -2-, Sergio e Yago Trigo) Benxamín B 6 (Nico -2-, Uxío -2-, Ioan e Paulo) - Calasanz C 1