RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete A dobrega a base de goles a resistencia do CD Calasanz

O Cadete A dobregou a base de goles (4-2) a tenaz resistencia do CD Calasanz, en partido correspondente á 9ª xornada no subgrupo D da División de Honra.

Gabri, Kevin, Montero e Álex Delgado foron os goleadores branquiazuis neste entretido encontro celebrado na Cidade Deportiva.

Con este marcador, o Cadete A é líder do grupo con 21 puntos e cunha renda de 9 sobre o Ural Español CF, segundo con 12 puntos. Ambos os equipos veranse as caras na Coruña a próxima fin de semana, nunha cita que pode ser transcendental de cara á clasificación final.

Cadete A: Unai, Álvaro Mardones, Gabri, Rubén, Monteagudo, Pedro, David Domínguez, Sierra, Kevin, Montero e Álex Delgado. Tamén xogaron: Nuno, Santi, Martín, Marco Baña e Daniel.

Os resultados do Cadete A de Nacho Lourido no subgrupo D da División de Honra son os seguintes:

Atlético Coruña Montañeros CF 0 - Cadete A 6 (Ogando, Carreira, Domínguez, Kevin -2- e Álex Delgado)
Cadete A 2 (Marco Baña e Álex Delgado) - Victoria CF 0
CD Calasanz 0 - Cadete A 8 (Álex Delgado -3-, Pedro, Kevin -2-, Monteagudo e Martín Montero)
Cadete A 3 (Carreira, Álex Delgado e Ogando) - Ural Español CF 1
Cadete A 2 (Kevin e Álex Delgado) - Atlético Coruña Montañeros CF A 0
Victoria CF 1 - Cadete A 2 (Pedro e Ogando)
Cadete A 4 (Gabri, Kevin, Montero e Álex Delgado) - CD Calasanz 2