RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete A gana ao Santiago e instálase na zona alta da División de Honra

O Cadete A derrotou en Abegondo ao Santiago de Compostela (3-0) en partido da 6ª xornada da División de Honra e, con este resultado, instálase no grupo de cabeza da táboa.

Juanma -2- e Peke foron os autores dos goles para un equipo que xa é terceiro con 14 puntos, a un só punto do Pontevedra, segundo con 15; e a catro puntos do Celta, líder con 18 puntos.

Cadete A: Íker, Roque, Landeira, Juan, Añón, Pablo, Concheiro, Peke, Mario, Pol e Juanma. Tamén xogaron: Manu, Do Carmo, Melide, Fito e Portas.

Este sábado 14 de outubro, o Cadete A visita a Coruxo, ás 18:00 no campo vigués de Fragoselo.

Os resultados ata a data do equipo que prepara Luis Jiménez son os seguintes:

Val Miñor 3 - Cadete A 3 (Fito, Peke e Mario)
Cadete A 8 (Rares, Roque, Peke, Juanma -2-, Aye, Pol e Mario) - Bergantiños 0
Racing de Ferrol 2 - Cadete A 7 (Do Carmo, Concheiro -2-, Añón, Pol, Portas e Juanma)
Cadete A 1 (Pol) - ED Arousa SD 1
Choco 0 - Cadete A 10 (Juanma -4-, Aye -3-, Do Carmo, Peke e Portas)
Cadete A 3 (Juanma -2- e Peke) - Santiago de Compostela 0