RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor Abanca B perde en Santiago e aférrase a Arteixo para a remontada copeira

O Deportivo Abanca B caeu en Santiago ante a Victoria FC (3-0), no partido de ida de semifinais da Copa da Primeira División Feminina. Así pois, as branquiazuis aférranse ao campo de Ponte dos Brozos de Arteixo para, a próxima semana, tentar a remontada e clasificarse para a gran final.

Esta mañá, en Santiago, quizais o Dépor Abanca B notou en exceso a ausencia en mediocampo de Laura Doce. A maiores, o segundo tanto local chegou a consecuencia dunha clara falta sobre unha xogadora deportivista e o terceiro foi no último minuto de partido.

Deportivo Abanca B: Merchi, Laura, Pauli, Noe, Ainhoa, Cape, Alba, Raña, Ari, Natalia e Michelle. Tamén xogaron: Marta, Karina e Ana.

Os resultados do Deportivo Abanca B nesta competición copeira son os seguintes:

Oitavos de final
Victoria CF B 0 - Deportivo Abanca B 5 (Natalia -3-, Vero e Doce)

Cuartos de final
Ida: Deportivo Abanca B 0 - Torre 1
Volta: Torre 0 - Deportivo Abanca B 2 (Raña e Alba)

Semifinais
Ida: Victoria FC 3 - Deportivo Abanca B 0