RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

O Dépor, consciente que é cando máis hai que apertar, enfócase xa na Cultural Leonesa

O Dépor enfócase desde esta mañá no partido ante a Cultural Leonesa previsto para este sábado 20 de abril ás 19:00 horas (TVG-2 e FEF TV) en ABANCA-RIAZOR, correspondente á 33ª xornada no grupo 1º de Primera Federación.

Diego Villares, na sala de prensa, subliñou que "nos quedan pouquiñas xornadas, estamos preto do final, entón é cando máis hai que apertar; e máis cos partidos que nos quedan en ABANCA-RIAZOR, que poden ser claves".

Ximo, cunha sobrecarga na coxa esquerda que lle obriga traballar con adestramento personalizado, foi a única ausencia no céspede.

O capitán deportivista manifestou do defensor que "ten unhas pequenas molestias. Veremos a ver como avanza estes días que quedan de semana. Se pode estar, estará". "É tema de médicos e de fisios pero podería estar", engadiu.

O corpo técnico dispuxo esta mañá unha activación con roda de pases e finalizacións no campo 2; e un traballo táctico e un partido en espazos amplos no campo 3, xa enfocado ao choque ante os leoneses.

Así mesmo, Rubén foi o representante de #ANOSACANTEIRA.

Mañá xoves, Os Nosos adestraranse de novo a partir das 11:00 horas, con almorzo xa na instalación a partir das 8:30.

📸GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK