RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

O Dépor cun día a día marabilloso volve mañá luns ao céspede de Abegondo

Despois de 9 horas de regreso en autocar desde Teruel durante a pasada noite, o Dépor regresa mañá luns 15 de abril ao céspede de Abegondo, con almorzo xa na instalación desde as 8:30.

Na sala de prensa do campo turolense de Pinilla, Imanol Idiakez asegura que esta xeira de 4 vitorias consecutivas despois de 2 empates supón "enerxía, enerxía, enerxía. Sabemos onde estamos, cal é o obxectivo, a xeira que levamos".

O técnico deportivista queda "coa mentalidade do equipo. O equipo non cede, non deixa, adestra, o día a día é marabilloso. E o que se ve os domingos é froito do traballo entre semana, e do espírito de equipo. Outra vez a xente que non xoga empuxando desde o banco, empuxando cando saen. Non é casualidade senón o produto do traballo de moita xente. Uns locen máis que outro pero todos son parte disto".

Os resultados da xornada deixaron a Os Nosos na cabeza do grupo 1º de Primera Federación con 64 puntos. Por detrás veñen o Barcelona Atlètic con 58 puntos (2º); Celta Fortuna (3º) e Nàstic de Tarragona (4º) con 57 puntos; e SD Ponferradina (5º) con 56.

O adestrador branquiazul disporá de cara ao encontro deste sábado 20 de abril en ABANCA-RIAZOR (19:00 horas, TVG-2 e FEF TV) ante a Cultural Leonesa de 4 sesións de traballo matinais na Cidade Deportiva ás que hai que sumar un día de descanso máis, o martes 16.

"Vívese mellor gañando que non gañando, pero aínda queda traballo", lembrou Imanol Idiakez após o choque ante o CD Teruel. "A partir do luns, martes a empezar a pensar na Cultural", subliña.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 15 de abril
11:00 h.

Martes 16 de abril
Descanso

Mércores 17 de abril
11:00 h.

Xoves 18 de abril
11:00 h.

Venres 19 de abril
11:00 h.

Sábado 20 de abril
19:00: Deportivo - Cultural Leonesa, en ABANCA-RIAZOR