RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

O Dépor regresou ao traballo esta mañá en Abegondo cunha sesión de alta intensidade

O Dépor regresou ao traballo esta mañá en Abegondo cunha sesión de alta intensidade para os futbolistas que non actuaron onte de inicio no Estadio Reino de León, que volveu rexistrar unha masiva presenza de afeccionados branquiazuis. "É un espectáculo #ANOSAFORZA. Outra vez demostraron que son doutra categoría", apuntou na ñosterior comparecencia na sala de prensa Imanol Idiakez.

Para este grupo de futbolistas houbo hoxe unha activación con balón, un roldo, un xogo de posición, finalizacións e fútbol reducido, de alta intensidade.

Iván Barbero, que gozou dos seus primeiros minutos en León superada a súa lesión, traballou tamén hoxe con total normalidade. "Está falto de ritmo evidentemente, leva 4 meses sen participar e uns poucos días adestrando co grupo. É unha xogador referencia para nós que neses minutos que necesitabamos área podía dar ese último remate. Hai que darlle tempo para que se poña en forma. Estamos moi contentos porque volveu e nunhas semanas imos ver a súa mellor versión", declarou onte o técnico deportivista sobre o dianteiro andaluz.

Para os titulares ante a Cultural, a xornada foi de recuperación aínda que participaron no céspede nas primeiras tarefas da mañá.

Pablo Martínez quedou no seu domicilio con repouso despois do seu traumatismo cranioencefálico sufrido onte; e Villares, Retuerta, Berto Cayarga e o canteirán Martín Ochoa están con adestramento personalizado supervisado polo readaptador Álex Canosa.

Jairo e Iano Simão, ademais de Rubén, titular en León, foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Mañá martes haberá xornada de descanso. O Dépor volve aos adestramentos o mércores 17 a partir das 11:00 para comezar a preparar xa o partido ante a SD Ponferradina previsto para o domingo 21 de xaneiro ás 19:00 en ABANCA-RIAZOR (TVG-2 e FEF TV). "Nós seguimos empuxando. Ás veces cando tentamos dar a cara e botar o resto débennolo valorar pero entendemos a frustración de #ANOSAFORZA porque non estamos onde é o noso nivel", afirmou Pablo Vázquez na zona mixta do Estadio Reino de León.

Así mesmo, Jaime Sánchez subliñou que "está claro que temos que facelo mellor do que o fixemos. Verase en maio ou en xuño. Agora é importante estar aí. Non me gusta adiantar acontecementos. Creo que o equipo vai traballar ben, vai seguir traballando ben porque o grupo está moi unido e confiamos en nós, que é moi importante. Estou convencido que o equipo vai dar un paso adiante". 

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK