O Deportivo ABANCA B arrinca ao grande, con goleada ao CD Valladares
O Deportivo ABANCA B arrincou a competición no grupo 1º da Primeira Nacional ao grande, con goleada (6-1) en Abegondo ao CD Valladares, con tantos de Carlota -2-, Aroa, Patri López, Patri Díaz e Ainhoa.
As viguesas adiantáronse ao minuto de xogo, pero as deportivistas pronto se meteron no partido e xa se foron ao descanso con 3-1 a favor. Outros 3 goles após a continuación certificaron a superioridade branquiazul.
E iso que Kevin Cabado, técnico do Deportivo ABANCA B, non puido contar con Sara Álvarez, concentrada coa selección española sub-17 no Torneo de Exentos de Suecia; e si con Carlota e Patri López, que no entanto encararon o encontro após pasar a noite no autocar que trouxo á expedición do Deportivo ABANCA de Sevilla. Carlota mesmo puido xogar algúns minutos o sábado ante o Real Betis Féminas, no que foi o seu debut na Primeira Iberdrola.
Deportivo ABANCA B: Miralles, Sofía, Rivas, Patri Díaz, Navia, Patri López, Lara, Antía, Carlota, María Calvo e Aroa. Tamén xogaron: Ainhoa, Sara Piñeiro, Michelle Clemente e Lucía.
A próxima fin de semana, o Deportivo ABANCA B visitará ao Sárdoma CF en Vigo.