RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Deportivo Abanca B é o único equipo con partido oficial este fin de semana

Unicamente un equipo de #ANOSACANTEIRA segue en competición oficial este fin de semana: o Deportivo Abanca B (Copa de Primeira División).

O Infantil A volveu gañar onte xoves 15 de xuño en Abegondo ao Coruxo (3-2), co pase xa garantido á Fase Final da Copa Galicia da Liga Galega, tras o 0-7 da ida en Vigo.

Pola súa banda, o Dépor Abanca B aférrase ao campo de Ponte dos Brozos (Arteixo) para remontar o Victoria FC de Santiago o 3-0 en contra da ida, nas semifinais da Copa Feminina de Primeira División. O choque será este domingo 18 de xuño ás 18:00 horas, con entrada libre para os afeccionados.

Cos dous equipos xuvenís e os dous de cadetes xa de vacacións, e o Infantil B de descanso este fin de semana, teñen torneo amigable: Infantil A en Cerdanyola; Alevín A en Villarreal; Alevín B nas Pontes e Abanqueiro; Benxamín A en Vilagarcía; e Benxamín B en Abanqueiro e As Pontes.

O calendario de partidos oficiais é o seguinte:

Categoría feminina
Copa Feminina Primeira División, semifinais, volta: DEPORTIVO ABANCA B - VICTORIA FC, o domingo 18 de xuño ás 18:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo). Na ida: 0-3

Categoría infantil
Copa Galicia da Liga Galega, cuartos de final, volta, xogado onte xoves: INFANTIL A 3 (Padín e Jorge -2-) - CORUXO 2. Na ida: 7-0