RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Deportivo Abanca B queda a un paso da final de Copa e acaba así a temporada

O Deportivo Abanca B empatou (0-0) fronte á Victoria FC no partido de volta de semifinais da Copa Feminina de Primeira División. Este resultado é insuficiente para as branquiazuis, que caeron en Santiago na ida por 3-0.

En Arteixo empezou moi ben o Deportivo Abanca B, que puido marcar algún tanto e quizais cambiar o rumbo do encontro e a eliminatoria. O gol non chegou e ao final impúxose a calidade das santiaguesas.

Deportivo Abanca B: Merchi, Laura, Pauli, Ainhoa, Ari, Cape, Alba, Doce, Raña, Michelle e Natalia. Tamén xogaron: Karina, Marta, Ana, Noe e Malena.

Con este encontro, o Deportivo Abanca B pon o punto final a unha tempada que foi en clara progresión ascendente.

Os resultados do Deportivo Abanca B nesta competición copeira foron os seguintes:

Oitavos de final
Victoria CF B 0 - Deportivo Abanca B 5 (Natalia -3-, Vero e Doce)

Cuartos de final
Ida: Deportivo Abanca B 0 - Torre 1
Volta: Torre 0 - Deportivo Abanca B 2 (Raña e Alba)

Semifinais
Ida: Vitoria FC 3 - Deportivo Abanca B 0
Volta: Deportivo Abanca B 0 - Vitoria FC 0