O Deportivo Abanca, de vacacións ata o próximo 18 de xullo
O Deportivo Abanca está xa de vacacións. O conxunto deportivista pechou unha gran primeira temporada co subcampeonato do grupo 1º de Segunda División Nacional.
Ademais, varias das súas xogadoras afianzáronse nas súas respectivas seleccións nacionais: Tere Abelleira (subcampioa de Europa Sub-17), Nuria Rábano (clasificada para o Campionato de Europa Sub-19) e Gaby (citada por Venezuela para un amigable en xuño).
O equipo branquiazul volverá aos adestramentos o martes 18 de xullo en Abegondo.
O Deportivo Abanca 2017-2018, dirixido por Manu Sánchez, xa conta con estas xogadoras: Anita, Estefi, Miriam, María Corral, Nuria Rábano, Raquel Béjar, Tere Abelleira, Kika Moreno, Gaby García, Cris e Lía.