O Deportivo ABANCA inicia con bo pé a Copa Galicia
O Deportivo ABANCA iniciou en Arteixo cunha goleada (7-0) ao Peluquería Mixta Friol a Primeira Fase da Copa Galicia, unha competición de recente creación na que participan todos os equipos galegos de Segunda División Nacional.
O partido foi de claro dominio deportivista, que sentenciou ao seu rival con tantos de Peke -4-, Gaby -2- e Estefi. Tamén venceron (4-2) as branquiazuis nos lanzamentos de penalti que determina o regulamento para decidir posibles casos de empates a puntos.
Deportivo ABANCA: Sheila, Patri, Miriam, Miga, Iris, Lía, Jone, Kika, Cris, Peke e Gaby. Tamén xogaron: Laura, María Corral, Estefi, Sara e Teresa Abelleira.
O próximo fin de semana, o conxunto de Manu Sánchez retoma a liga en Segunda División Nacional. Recibe en Ponte dos Brozos ao CD Femiastur na terceira xornada.