RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo celebra os seus 116 anos de vida publicando un libro sobre a súa orixe

O RC Deportivo celebra os seus 116 anos de existencia coa publicación dun novo libro sobre #ANOSAHISTORIA, neste caso centrado na orixe e primeiros anos de vida do Club, cuxa presentación terá lugar o vindeiro martes 20 de decembro.

Despois das publicacións '112 partidos en Europa. De Aalborg a Aalborg', no que se repasan todos os encontros disputados polo equipo branquiazul en competicións continentais (1993-2009), e de 'Riazor 75', a publicación que resume todo o sucedido en #ANOSACASA desde a súa inauguración en 1944, a colección de libros deportivistas dá un gran salto cara atrás no tempo. Faio para rememorar a chegada do fútbol á Coruña, as raíces do RC Deportivo e os primeiros anos de vida do Club.

O libro, obra de Rubén Ventureira Novo, xornalista, historiador e socio do RC Deportivo desde 1982, reconstrúe minuciosamentea ao longo de casi 200 páxinas todo o sucedido entre a inauguración do ximnasio Sala Calvet, en 1901, até finais de 1912, cando o Club Deportivo de la Sala Calvet establécese definitivamente como Real Club Deportivo de La Coruña.

O RC Deportivo achegou á publicación numerosas fotografías pertencentes ao seu arquivo histórico, moitas delas proporcionadas por particulares durante o amplo traballo de documentación e recuperación do patrimonio histórico realizado nos últimos anos polos seus Departamentos de Comunicación e Protocolo, de entre as máis de 200 imaxes que a ilustran.

Neste sentido, o Club segue facendo un chamamento aos afeccionados que poidan conservar fotografías ou calquera tipo de material relacionado con #ANOSAHISTORIA. Poden achegarse co mesmo á sede social (Praza de Pontevedra 19-1º 15003 A Coruña), envialo a esa mesma dirección ou a través do correo electrónico fundacion@rcdeportivo.es.