RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Fabril potencia a súa dianteira coa chegada de Jorge Martínez-Losa

Despois de Álex Alfaro á posición de mediocentro, agora a Fabril potencia a súa parcela ofensiva coa chegada de Jorge Martínez-Losa González (10 de marzo de 1999, Arnedo, A Rioxa), procedente do Atlético Baleares de Primera Federación.

Formado na canteira da Real Sociedad, este dianteiro centro de 1,96 metros de altura asina polo que resta desta temporada con opción a 2 campañas máis pero xa no primeiro equipo.

Esta temporada, disputou un total de 6 partidos co conxunto balear no grupo 2º de Primera Federación.

Na súa carreira, Jorge Martínez-Losa suma 55 partidos e 8 goles en Segunda B ou Primera Federación repartidos entre Real Sociedad B, CD Calahorra, UD Logroñés e Atlético Baleares.

Ademais, participou en 6 partidos da fase de ascenso a Segunda División co CD Calahorra; e 1 partido de Copa del Rey, neste caso coa UD Logroñés.

Jorge Martínez-Losa adestrouse xa esta mañá cos seus novos compañeiros no Monte de cara ao partido deste domingo 14 de xaneiro ás 12:00 en Abegondo (Youtube RC Deportivo) ante o Real Avilés Industrial, primeiro da segunda volta.