RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Fabril queda sen aire e cae no desconto ante a CyD Leonesa

Un Fabril moito mellor na primeira metade caeu (1-2) en Abegondo ante a CyD Leonesa, que apertou na segunda parte ata que obtivo o premio da remontada, quizais excesivo, no desconto.

Uxío adiantou aos fabrilistas aos 13 minutos. O conxunto de Sergio Pellicer, ben plantado sobre o céspede, apenas pasou apuros nos primeiros 45 minutos.

O técnico leonés, Víctor Cea, moveu ficha e realizou dous cambios no descanso.

A 'Cultu', un equipo que acaba de descender e que está deseñado para retornar de novo a LaLiga 1|2|3, apertou o acelerador na segunda metade.

Iso si, Carlos López estrelou no pau un balón que puido significar o 2-0, co que o partido tivese collido outro rumbo.

Pero non foi así e a CyD Leonesa remontou o choque cun tanto do ex deportivista Aridane no minuto 73 e de Zelu no desconto. Demasiado castigo para o Fabril.

Co marcador deste encontro correspondente á 17ª xornada no grupo 1º de Segunda División B, o Fabril segue en posicións de perigo, con 13 puntos.

Fabril: Pedro López, Blas, Lucas, Gaizka, One, Carlos López, Víctor, Gandoy, Uxío, Montiel e Juanje. Tamén xogaron: Pedro, Quique Fornos e Iago Novo.

O vindeiro sábado 22 de decembro, a Fabril visita ao CDA Navalcarnero, no último partido de 2018 para o filial deportivista.

Así marcha a temporada do Fabril:

Internacional de Madrid 2 - Fabril 2 (Víctor -2-)
Fabril 0 - Celta B 1
Fuenlabrada 1 - Fabril 0
Fabril 1 (May) - Ponferradina 2
Burgos 2 - Fabril 1 (Raúl González)
Fabril 1 (Quique Fornos) - CF Salmantino 0
Guijuelo 1 - Fabril 0
Fabril 2 (Juanje e Montiel) - AD Unión Adarve 3
Fabril 0 - UD San Sebastián de los Reyes 1
Coruxo FC 1 - Fabril 0
Fabril 2 (Uxío e Gandoy) - Rápido de Bouzas 1
Pontevedra CF 2 - Fabril 2 (Montiel e Villares)
Fabril 1 (Quique Fornos) - Las Palmas Atlético 1
Atlético de Madrid B 3 - Fabril 0
Fabril 4 (Víctor -2-, May e Uxío) - Real Madrid Castilla 3
Unionistas de Salamanca CF 0 - Fabril 0
Fabril 1 (Uxío) - CyD Leonesa 2