RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil A non falla ante o Val Miñor Nigrán e mantense ao axexo do liderado

O Infantil A non fallou no seu partido ante o Val Miñor Nigrán (3-0), pertencente á 7ª xornada na Fase polo Título da Liga Galega.

Hugo Baldomar -2- e Sergio foron os autores dos goles nun encontro que os branquiazuis sacaron adiante con oficio.

Con este resultado, o Infantil A mantense na segunda posición con 18 puntos, a 3 puntos do líder, o Celta, que suma 21.

Infantil A: Manu, Sergio, Rubén, Álvaro, Eloy, Hugo García, Roque, Iván, Quique, Hugo Baldomar e Álex. Tamén xogaron: Xosé, Adrián Lombao, Martín e Trigo.

O San Tirso, na Cidade Deportiva de Abegondo, será o próximo rival do Infantil A, no primeiro partido da segunda volta desta fase.

Os resultados do Infantil A en esta Fase polo Título son os seguintes:

San Tirso 0 - Infantil A 4 (Sergio -2- e Hugo Baldomar -2-)
Infantil A 3 (Sergio, Hugo García e Hugo Baldomar) - Areosa 1
Infantil A 4 (Roque -3- e Hugo Baldomar) - Xuventude de Oroso 1
Ourense 0 - Infantil A 4 (Iván, Roque, Sergio e Quique)
Infantil A 3 (Álex González -2- e Álvaro) - Calasanz 1
Celta 4 - Infantil A 1 (Álex González)
Infantil A 3 (Hugo Baldomar -2- e Sergio) - Val Miñor Nigrán 0