RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil A proclámase campión galego e suma o duodécimo título para #ANOSACANTEIRA

- Foto: @Futgal -

O Infantil A é o único equipo de #ANOSACANTEIRA que este fin de semana tivo competición oficial.

O conxunto deportivista proclamouse hoxe sábado 24 de xuño campión da Copa Galicia na Fase Final disputada na Estrada.

Desta forma, o Infantil A logrou no duodécimo título para #ANOSACANTEIRA esta temporada, tras os logrados anteriormente polo Fabril (Terceira División); Infantil A (grupo 1º da Liga Galega), Infantil B (Primeira División Autonómica, grupo 1), Alevín A (Primeira Comarcal A Coruña, grupo norte do Trofeo Luís Calvo de fútbol once e campión galego do Trofeo Luís Calvo de fútbol onc), Alevín B (Segunda Comarcal A Coruña e Segunda Fase grupo 1º), Benxamín A (Primeira Comarcal A Coruña e Fase Norte do Campionato Galego) e Benxamín B (Segunda Comarcal A Coruña).

En primeiro lugar, o Infantil A derrotou (3-0) ao Pavillón en semifinal, xogada ao mediodía. Novoa, Axel e Trilli foron os autores dos goles branquiazuis nun partido no que o favorito, o Dépor, cumpriu os prognósticos.

Infantil A: Brais, Trilli, Dani, Mauro, Álvaro, Chucas, Jairo, Antón, Novoa, Padín e Axel. Tamén xogaron: Jorge, Nils, Noel, Javi e Ríos.

Pola tarde, a Copa Galicia dirimírona o Dépor e o Celta, os dous grandes aspirantes. Gañou o Infantil A (3-1), con tantos de Axel, Chucas e Novoa.

Infantil A: Brais, Trilli, Dani Barcia, Fika, Álvaro, Chucas, Jairo, Antón, Noel, Axel e Jorge. Tamén xogaron: Novoa, Nils, Mauro e Padín.

O Infantil A accedeu a esta Fase Final como campión do grupo norte e tras eliminar ao Coruxo en cuartos de final: 0-7 en Vigo na ida e 3-2 en Abegondo na volta.

Con este brillante colofón, o Infantil A puxo o punto e final a esta tempada.