RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Infantil A sentenciou a súa eliminatoria copeira; o domingo tócalle ao Dépor Abanca B

Unicamente dous equipos de #ANOSACANTEIRA seguen en competición oficial: o Deportivo Abanca B (Copa de Primeira División) e o Infantil A (Copa Galicia da Liga Galega).

Hoxe, o Infantil A impúxose ao Coruxo (0-7) e, a falta do partido de volta de cuartos de final, clasificouse para a Fase Final da Copa Galicia da Liga Galega.

Para mañá domingo queda a visita do Dépor Abanca B á Victoria FC de Santiago, nas semifinais da Copa Feminina de Primeira División.

Todos os demais equipos de categorías inferiores, salvo os dous conxuntos xuvenís, teñen torneo amigable este fin de semana: Cadete A en Moraña; Cadete B en Malpica; Infantil B en Ribeira; Alevín A en Carballo e Badaxoz; Alevín B en Azpeitia (Gipuzkoa); Benxamín A en Pontevedra; e Benxamín B en San Mamede (Vedra, A Coruña).

O calendario de partidos oficiais, cos resultados de hoxe sábado, é o seguinte:

Categoría feminina
Copa Feminina Primeira División, semifinais, ida: VICTORIA FC - DEPORTIVO ABANCA B, mañá domingo 11 de xuño ás 12:00 no campo Municipal do Sergas (Santiago de Compostela)

Categoría infantil
Copa Galicia da Liga Galega, cuartos de final, ida: CORUXO 0 - INFANTIL A 7 (Dani -2-, Jorge, Axel, Padín, Noel e un futbolista rival en propia meta)