RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil B, brillante campión do Torneo UD Ponte de Frielas en Portugal

O Infantil B proclamouse hoxe martes 28 de febreiro campión do torneo amigable organizado polo club Uniao Desportiva Ponte de Frielas, na citada localidade portuguesa de Ponte de Frielas.

Os branquiazuis, que realizaron unha gran competición, impuxéronse no partido definitivo ao Benfica (1-0), con tanto de Hugo García.

Ademais, o deportivista Sergio foi nomeado mellor xogador do torneo.

Os resultados do cadro que dirixe Iván Vázquez foron os seguintes:

Primeira Fase
Sábado 25 de febreiro
MARÍTIMO 1 - INFANTIL B 2 (Álex e Quique)

Domingo 26 de febreiro
OPORTO 0 - INFANTIL B 1 (Adrián Lombao)
INFANTIL B 0 - OS BELENENSES 0

Luns 27 de febreiro
Semifinal
SPORTING CLUB PORTUGAL 0 - INFANTIL B 1 (Fika)

Martes 28 de febreiro
Final
BENFICA 0 - INFANTIL B 1 (Hugo García)