RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil conclúe 2022 con derrota pola mínima en #ONOSODERBI

O Infantil puxo o punto e final ao ano 2022 con derrota (0-1) pola mínima en Abegondo nun #ONOSODERBI igualado pero que caeu ao lado celeste.

O choque corresponde á 14ª xornada na División de Honra, que se xogará case na súa totalidade a primeira fin de semana de xaneiro de 2023.

Con este resultado, o equipo que dirixe Daniel Sicardi queda con 34 puntos na 2ª posición da táboa, á espera do que faga o ED Val Miñor Nigrán (3º con 33) no seu partido desta xornada o 7 de xaneiro ante o CD Lugo.

Infantil: Diego Mosquera, Gael, Sergio, Adrián, Samba, Antón, Borja, Trigo, Casuso, Nico e Roi. Tamén xogaron: Gabri, Joaquín, Iker, Xoel e Iago Vázquez.

O próximo partido de liga para o Infantil será a mediados de xaneiro na Coruña ante o Ural Español CF.

Os resultados até a data do Infantil son os seguintes:

Infantil 4 (Mauro, Nico, Antón e Iker) - San Tirso SD 0
Pabellón Ourense CF 1 - Infantil 1 (Borja)
Infantil 5 (Trigo -2-, Borja, Iker e Antón) - EF Portero '2000' 0
Bergantiños CF 0 - Infantil 5 (Borja -2-, Mauro, Nico e Antón)
Infantil 3 (Antón, Nico e Mauro) - CD Areosa 0
CD Lugo 1 - Infantil 2 (Sergio e un futbolista rival en propia meta)
Infantil 5 (Borja -3- e Casuso -2-) - ED Val Miñor Nigrán 2
Cidade de Ribeira CF 0 - Infantil 3 (Borja, Mauro e Iker)
Infantil 9 (Gael, Mauro -2-, Iker -2-, Nico, Borja e Casuso -2-) - ED Denis Suárez 0
Arosa SC 1 - Infantil 3 (Nico e Roi -2-)
Infantil 7 (Borja, Antón -2-, Iker, Mateo, Roi e Joel) - Victoria FC 0
UD Santa Mariña 2 - Infantil 1 (Casuso)
Infantil 8 (Borja -3-, Casuso -2-, Joel, Joaquín e un futbolista rival en propia porta) - CD Conxo Santiago 0
Infantil 0 - RC Celta 1