Polo momento cubríronse dous dos obxectivos do proxecto:
1. A mellora na habitabilidade das casas de orfos "Sementes de Amanhá": - Construción dunha casa en Magwai. - Recubrimento con cemento de todas as casas dos orfos en Nkhawo e Makodzakodza. - Compra de mobiliario para todas as casas de orfos.
2. Actuacións en sanidade, nutrición e escolarización ademais de contribuír á empregabilidade da muller: - Compra de 100 mantas. - Cada 15 días envíase leite en po, fariña de millo, polos e produtos alimenticios que achegan proteínas e resto de nutrientes imprescindibles para a súa alimentación. - Formación todos os días no centro de Satemwa a todas as nais sociais para a xestión das casas de orfos. - Compra de computadores. - Campo de Feiras de Satemwa: campamento de vacacións de 10 días de duración para todos os nenos e nenas da casa e de todas as nais sociais no Centro de formación de Satemwa onde desenvolven actividades de lecer, campionatos de fútbol e sométense a probas médicas. - Compra de calzado para cada neno.
Ademais, fóra da recadación de Champions for Life, o Real Club Deportivo doou o pasado mes de xuño material deportivo para todos os nenos das Escolinhas que foron enviadas a Tete. Con el, todos os sábados organizan o torneo de fútbol Real Club Deportivo.