RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RSC

O material do RC Deportivo para o proxecto "Sementes de Amanhã" xa está rumbo a Mozambique

O RC Deportivo entregou ao Colexio Santa María del Mar o material deportivo destinado ao proxecto "Sementes de Amanhã", acredor dun donativo de 10.000 euros por parte da Fundación LaLiga, que o pasado mes de febreiro repartiu os fondos recadados no partido 'Champions For Life' entre seis propostas solidarias.

"Sementes de Amanhã" é un programa de acollida que atende a 70 nenos e nenas orfos na meseta rural de Angonia-Tsangano na fronteira de Mozambique con Malawi e que tamén beneficia a outros 500 co seu programa de alimentación en aldeas. O obxectivo principal do proxecto "Sementes de Amanhã" é proporcionar un crecemento integral e saudable para os nenos en acollida e aliviar a carga que pesaba nalgúns avós sen as mínimas condicións para acoller aos seus netos orfos nas súas cabanas.

O programa consiste nun conxunto de accións de acollida, coidado e manutención, desenvolvemento humano e educativo para que os nenos poidan estar cos seus avós que non dispoñen de condicións para mantelos. Grazas a ese donativo de 10.000 euros xa se construíron sete casas para eses nenos en acollida.

No acto de entrega dos equipamentos para "Sementes de Amanhã", no que participou o Conselleiro do RC Deportivo Martín Pita, os alumnos da ESO de Santa María del Mar puideron facer preguntas sobre as accións sociais do RC Deportivo, ademais de ver un vídeo onde se mostraba o día a día na escola de Ulongüe e o traballo da Fundación Loyola Galicia e a Escola ESIL na rexión.

O pasado 29 de decembro, o Estadio Benito Villamarín acolleu a terceira edición de 'Champions For Life', cun partido entre a selección andaluza e unha selección de xogadores de LaLiga. Representando ao Deportivo naquel encontro participou Raúl Albentosa.

Un proxecto presentado polo RC Deportivo, entre os beneficiarios da recadación de 'Champions for Life'

A Fundación Loyola e o Dépor na entrega de fondos recadados na "III Champions for life"

A Fundación Loyola e o Dépor recibiron os 10.000 euros da III Champions for Life