RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil A colle ritmo ante unha potente Angola Sub-19

O Xuvenil A disputou o seu primeiro amigable de pretemporada. Foi na Cidade Deportiva de Abegondo, no campo 6, ante a Selección de Angola Sub-19.

Foi o último test do cadro deportivista antes de partir á cidade surafricana de Durban, para disputar un torneo amigable.

O equipo que dirixe Rubén Coméndez caeu (3-4) nun entretido partido. Pedro, Rojo e Javi Sandá foron os autores dos goles branquiazuis, nun encontro no que todos os futbolistas do Xuvenil A tiveron minutos de xogo.

O calendario de pretemporada do Xuvenil A é o seguinte:

XUVENIL A 3 (Pedro, Rojo e Javi Sandá) - SELECCION DE ANGOLA SUB-19 4

Torneo Internacional en Durban (Sudáfrica)

O conxunto deportivista quedou encadrado no grupo A, coa Selección de Sudáfrica Sub-19, Asec Mimosas e o FC Midtjylland.

Primeira Fase (no Estadio Sugar Ray Xulu)
Venres 28 de xullo
16:30: SELECCIÓN DE SUDÁFRICA - XUVENIL A

Domingo 30 de xullo
14:30: XUVENIL A - FC MIDTJYLLAND

Martes 1 de agosto
14:15: ASEC MIMOSAS - XUVENIL A

Os dous primeiros de cada grupo accederán ás semifinais, que se xogarán o xoves 3 de agosto no estadio Moses Mabhida.